Noticias - La Barca del Peregrino ®

Rueda aposta pola Ruta Traslatio para diversificar o Camiño de Santiago

O presidente da Xunta de Galicia en funcións visitiou onte as obras de mellora da mariña de Vilanova de Arousa, enmarcadas na execución do Plan Xacobeo Next Generation

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a boa saúde da que gozan as rutas xacobeas debido a que, despois de acadar datos récord o ano pasado, nestes primeiros dous meses de 2024 a afluencia segue mellorando. Así, foron preto de 5.300 os peregrinos que recolleron a súa Compostela no que vai de ano, o que supón cerca de 400 máis que no 2023.

Neste sentido, Rueda sinalou a Ruta Traslatio como un exemplo do potencial que ten Galicia para atraer, diversificar e medrar cada vez máis como destino turístico de forma sustentable, polo que avogou por seguir impulsando este itinerario para consolidalo como un camiño de Santiago de referencia. «Con sentidiño imos seguir dicíndolle á xente que veña aquí, tendo en conta a sustentabilidade, a non masificación, a gastronomía e a hospitalidade», asegurou.